MP0931 · Márketing dixital é un módulo de 1º do CFGS de Márketing e Publicidade orientado ao coñecemento e aplicación das principais ferramentas, estratexias e canles do márketing en liña. Ao longo do curso traballaranse aspectos como a procura e xestión de información en internet, os modelos de negocio dixital, a creación e posicionamento de páxinas web, o comercio electrónico, a comunicación en redes e outros medios dixitais, así como o deseño e desenvolvemento dun plan de márketing dixital.

O módulo terá un enfoque eminentemente práctico, combinando explicacións teóricas, actividades, casos reais, prácticas e proxectos. A avaliación será continua e estará baseada na consecución dos resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación establecidos no currículo.