MP1665 · Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS)

Neste módulo traballaremos o impacto da dixitalización nas empresas e nos sectores produtivos, con especial aplicación ao ámbito do Márketing e a Publicidade.

Ao longo do curso abordaremos contidos relacionados coa transformación dixital, as tecnoloxías habilitadoras dixitais, a computación na nube, a intelixencia artificial, a xestión e protección dos datos e a ciberseguridade.

A materia terá un enfoque práctico, mediante exemplos, actividades, análise de casos e un proxecto de transformación dixital dunha empresa relacionada co sector.

Nesta Aula Virtual estarán dispoñibles os materiais de cada unidade, actividades, tarefas, recursos complementarios e indicacións necesarias para o seguimento do módulo.