Temporalización
Temporalización do proxecto
Contemplando o dia 1 de setembro ou ben o primeiro dia laborábel real do novo curso académico, o proxecto desenvolverá-se como se expón a continuación.
Durante o més de xuño a Equipa TIC reunirá e organizará toda a documentación que deberá pór-se a disposición do profesorado, alunado e famílias, e que comprende, como mínimo:
-
- a guia xeral de recursos
- o plano de integración das TIC
- a memória anual do plano de integración das TIC
- o plano do centro coa ubicación dos equipos e características principais
- as follas de reserva das aulas de informática, audiovisuais, salón de actos e outras
- as fichas de uso dos terminais informáticos de aula
- adxudicación de contas e contrasinais, administración de credenciais e permisos
- comunicación de incidéncias, avarias e suxestións
Esta documentación será colgada na web de xeito acesíbel, prévia incorporación das modificacións que deban ser sometidas a aprobación por parte do Claustro e Consello Escolar, se procede, durante o periodo feriado e en calquer caso antes do comezo de curso.