Obxectivos

Obxectivos que se perseguen

O proxecto de intervención que deriva deste documento tratará de cubrir duas faces importantes da intervención cara a integración e universalización das TIC nun centro público de ensino, que son a formación por un lado e a información polo outro.

Os obxectivos serán polo tanto os seguintes:

    • manter unha información adecuada e actualizada sobre os recursos disponíbeis;
    • manter un canal de comunicación directo entre a equipa TIC e calquer membro da comunidade educativa que precise de soporte TIC, e especialmente do profesorado;
    • favorecer ao profesorado de nova incorporación o coñecimento e aceso aos recursos;
    • favorecer a adquisición por parte do profesorado de coñecimentos e destrezas relacionadas co uso das distintas ferramentas TIC, dirixidas especificamente ás necesidades que surxan;
    • favorecer a difusión entre o alunado dos médios e recursos TIC e o aceso a aqueles que sexan postos á sua disposición;
    • favorecer o contacto coas famílias a través de médios rápidos e seguros, evitando ao máximo a burocrácia e simplificando os procesos;
    • simplificar todo tipo de procesos relacionados directamente co labor docente e académico, evitando duplicidades e procedimentos inecesários.