Metodoloxia

Estrutura metodolóxica

A metodoloxia do proxecto centrará-se nos seguintes aspectos:

    • centralización e organización de toda a documentación relativa aos médios, recursos e normas de uso, nunha soa plataforma de aceso libre e cómodo para todos os membros da comunidade.
    • estabelecimento dun canal de comunicación directo cos distintos sectores da comunidade educativa, no que se permita detectar as caréncias existentes, demandas de novos servizos, suxestións de mellora ou ampliación dos recursos existentes ou do seu funcionamento e organización, demanda de formacion específica, desenvolvimento de proxectos a curto e médio prazo;
    • posta en común de aqueles aspectos que se perciban como mais importantes, á hora de priorizar as intervencións de mellora ou formación;
    • deseño de protocolos de actuación ante as diferentes circunstáncias que se poden dar ao longo do curso relativas ao uso dos médios e recursos TIC (adxudicación de contas e contrasinais, administración de credenciais e permisos, comunicación de incidéncias, xestión de reservas de uso de equipos ou dependéncias, aceso a información, publicacións, etc.);
    • organización de distintas sesións formativas presenciais, a desenvolver no início do novo curso, dirixidas ao profesorado e, especialmente o de nova incorporación;
    • criación dun banco de recursos, baseado en ligazóns web comentadas, nas que se presenten aplicativos de interese, manuais de uso, exemplos, materiais elaborados, resolución de problemas;
    • publicación e difusión dos recursos de elaboración própria ou subministrados pola rede, e simplificación dos camiños para a sua busca, aceso e uso;
    • organización de sesións informativas presenciais e en rede para as famílias que asi o desexen, sobre os recursos existentes e o aceso aos mesmos;
    • divulgación entre o alunado, a través das tutorias, dos recursos existentes á sua disposición, seguridade e normas básicas de uso.