Guia TIC / Fontexeria
Guia de integración e aceso aos recursos TIC do IES Fontexeria

Este documento pretende ser unha guia para todas aquelas persoas potencialmente usuárias dos médios, recursos e servizos relacionados co ámbito das Tecnoloxias da Información e da Comunicación das que dispón o centro.
É polo tanto un documento que vai dirixido principalmente ao profesorado, mas tamén ao alunado, persoal de administración e incluso ás famílias e comunidade educativa en xeral, xá que muitos dos recursos cos que conta o instituto son acesíbeis ao público en xeral por diversas vias, tanto desde o interior do centro como a través da rede.
