Formación

Fase de formación

A formación contará con várias sesións informativas e formativas, dirixidas ao profesorado, alunado e famílias, organizadas de xeito presencial en algúns casos e en liña, de xeito colaborativo, en outros. Estas sesións celebrarán-se preferentemente no comezo de curso, ainda que algunas delas poderán ter un desenvolvimento mais delongado no tempo. Este programa formativo será acometido pola equipa TIC e deberá ter en conta a posibilidade de organizar novas sesións dirixidas aos diferentes sectores que integran a comunidade educativa, sempre que, derivado do canal consultivo que se há de estabelecer, sexa percibida calquer demanda de formación específica do tipo que sexa.