Famílias

Formación das famílias

A formación das famílias centrará-se principalmente na divulgación dos servizos web que o centro oferece, favorecendo o seu uso, evitando a burocrácia, simplificando e acelerando os procesos que teñan que ver coa actividade académica e facilitando a participación, colaboración e comunicación das famílias co centro.

Prestará-se unha maior atención ás famílias do alunado de recente incorporación e, de igual xeito que no caso do alunado, terá-se presente a necesidade de reducir no posíbel a brecha dixital.

As actuacións previstas son:

    • reunión informativa plenária sobre os servizos educativos que oferece o centro a través da rede (ESBA, calendários, páxina web, MEIGA, espazo ABALAR e Abalar Móbil, etc.);
    • sesión formativa en liña dirixida especialmente ás famílias do alunado de nova incorporación sobre o funcionamento dos servizos de información e xestión académica e demais que o centro pon a disposición das famílias.

espazoAbalar - Inicio