Critérios

Critérios de superación do proxecto

Entenderá-se que o proxecto estará superado se se dan polo menos trés das seguintes circunstáncias:

    • o índice de profesorado que non utilizou de forma habitual os recursos TIC está por debaixo do 10% do claustro, ou ben se se logrou rebaixar nun 20% a respeito do ano anterior
    • o índice de atención e inclusión nos procesos TIC do profesorado de nova incorporación superou o 90%
    • o índice de non participación do alunado na Aula Virtual e no resto de servizos web do centro rebaixou-se nun 20% a respeito do ano anterior
    • o índice de famílias que non utilizan nengún dos servizos web do centro rebaixou-se nun 20%
    • o índice de famílias do alunado de nova incorporación que utilizaron or recursos web do centro superou o 90%.

Entenderá-se que non está superado en caso contrário, o que obrigará a revisar o proxecto e detectar de xeito particular as suas caréncias, cara a sua reedición para o curso seguinte.

A avaliación final fará-se en base aos documentos que se adxuntan, onde se recollerán os dados de participación e os índices de incorporación dos distintos estamentos ao uso dos recursos TIC do instituto.