Contextualización
Contextualización do proxecto
Desde hai xá anos constituiu-se no IES Fontexeria a Equipa de Dinamización TIC, encarregada de desenvolver programas de xestión dos recursos TIC existentes, formación do profesorado, incorporación de novos médios e recursos, mantemento técnico do equipamento, resolución de incidéncias, implementación de plataformas educativas e de servizos web, asesoramento e axuda ao profesorado e persoal non docente, ...
Esta equipa fai o seu labor nun contexto de rápidos cámbios e evolución permanente, que supón un esforzo grande para os seus integrantes, xá que non sempre é posíbel atender ao mais imediato, á vez que se proxectan e planifican modificacións e melloras.