Comezo de curso

Periodo inícial do curso

Durante a primeira semana de setembro abrirá-se o espazo web no que se fará a consulta aos distintos estamentos da comunidade educativa sobre demandas, suxestións, propostas e demais elementos relativos á organización de todo tipo de médios, recursos e servizos web que deberá oferecer o centro. Este canal ubicará-se nun foro de aceso controlado na Aula Virtual do centro e será de aceso cómodo a través da web do centro e outras vias que se estimen adecuadas. No Claustro e no Consello Escolar de início de curso pasará-se a comunicación do proxecto e, en particular, das suas primeiras fases, ao profesorado.

O dia da presentación do alunado para o novo curso, procederá-se a pasar información ao alunado sobre a apertura deste canal de comunicación directo, no que se tratarán de definir as prioridades á hora de deseñar o proxecto de intervención e formación para o novo curso académico.

O dia de recepción inicial das famílias esta mesma información sobre a apertura e ligazón a este canal será comunicado ás famílias, con especificación das fases en que se desenvolverá a consulta e os obxectivos da mesma.

Antes de finalizar o més de setembro organizará-se unha posta en común e unha síntese dos aspectos mais importantes e de maior demanda que foran manifestados durante a fase de consulta. Estes aspectos definirán a base da proposta de intervención para o ano académico en curso en canto a formación e melloras, e serán publicados xunto ao resto dos documentos TIC.

Simultaneamente, durante as duas primeiras semanas do curso organizarán-se as sesións formativas presenciais dirixidas ao profesorado e ao alunado:

    • recursos existentes
    • servizo de fotocopiadora
    • uso das aulas de informática
    • uso do equipamento do salón de actos
    • uso dos encerados dixitais interactivos
    • servizos web
    • normas para o alunado
    • servizos e recursos para o alunado
    • ciberseguridade e ciberacoso

Na última semana de setembro organizará-se a sesión presencial informativa específica para as famílias arredor dos servizos educativos que oferece o centro a través da rede e durante a segunda semana de outubro organizará-se a sesión en liña dirixida ás famílias do alunado de nova incorporación sobre o funcionamento dos servizos de información académica e demais que o centro pon a disposición das famílias.