Avaliación

Avaliación do proxecto

A avaliación do proxecto fará-se en várias fases.

Fase I

Desenvolverá-se durante o més de maio, e coincidirá coa elaboración e elevación a definitiva da memória anual. Nesta fase rexistrarán-se os cámbios propostos para a elaboración do plano de integración das TIC do curso seguinte ao corrente.

Fase II

Coincidirá coa fase de consulta ao profesorado, alunado e famílias durante o més de setembro do curso entrante. Nesta fase elaborará-se a nova proposta de intervención que será desenvolvida durante todo o curso.

Fase III

Desenvolverá-se durante o més de marzo e terá por obxectivo facer un seguimento do desenvolvimento do proxecto, permitindo facer as correcións necesárias antes de dá-lo por finalizado e pasar á elaboración da nova memória.