Métodos xerais de resolución de ecuacións

Métodos xerais

Existen vários procesos empregados na resolución de ecuacións que son comúns a todas elas.

Estes procesos son:

  • a trasposición de termos
  • a multiplicación de termos por un número distinto de cero
  • a eliminación de denominadores
  • a eliminación de parénteses

Estes procesos permiten transformar unha ecuación en outra equivalente a ela.

Buscade na rede a definición de "equivaléncia de ecuacións" ou de "ecuacións equivalentes" e exemplos de uso de algunha das técnicas descritas anteriormente.