Final

Compilación final

Con todas as aportacións colgadas no blog, cada grupo fará unha valoración de aquelas que mellor se adecúen á exposición do tema desenvolvido. Unha vez feita a valoración, as portavoces reunirán-se e chegarán a un acordo para a elaboración final dunha unidade didáctica completa, que contará con definicións, exemplos, gráficos estáticos ou interactivos, e todo o que estimen adecuado para unha exposición completa e de calidade.

Acordarán igualmente o formato que se lle dará á unidade, que deberá permitir o seu uso en liña con aceso libre, asi como encomendarán de xeito individual aos integrantes de cada grupo os labores para a edición final do documento ou paquete de documentos.

Avaliación

Como remate, cada grupo fará unha valoración crítica da actividade que acabamos de finalizar, indicando os pontos mais oscuros, elementos que deberian mellorar-se, dificuldades atopadas ...; en xeral, calquer aspecto, positivo como negativo, que vos apeteza comentar cara futuras revisións do traballo, tanto no relativo aos contidos matemáticos, como ao próprio desenvolvimento da actividade.

Créditos

Documento elaborado por Pepe Sacau, profesor de matemática no IES Fontexeria de Muros, para o curso "Nível avanzado en tecnoloxias da información e da comunicación"

Licenza de Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons


Maio de 2015