23 de febreiro, Día de Rosalía
Requisitos do completado

E como vén sendo habitual, o EDLG do IES Plurilingüe Fontexería paricipa nas actividades propostas da xornada. Desta volta, e a partires do cancelo proposto pola AELG #SementadePensamentos o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO "sementa pensamentos" (palabras, versos, desexos..) en etiquetas de xardinería. Esta actividade estase a facer na semana previa nas aulas, e a partir do luns 21, o alumnado, por grupos, "sementará" esas etiquetas no xardín do Centro, conformando as iniciais RdC e máis o cancelo, (que están xa "marcados" no céspede. O mércores, xa coas iniciais colocadas, parte do alumnado lerá o Manifesto da AELG e algúns versos de Rosalía, ao tempo que outro grupo de alumnado sementará flores.
Prema na ligazón B_2022_Dia_de_Rosalia_Fontexería [IMPRIMIR]-1.pdf para ver o ficheiro.