1. A caixa de ferramentas: Contén os menús máis xerais, ademais dun conxunto de iconos que se empregan para seleccionar. Encaixado debaixo da caixa de ferramentas encóntrase o diálogo Opcións de ferramentas, que mostra opcións para a ferramenta actualmente seleccionada.
  2. Ventá de imaxe: Cada imaxe aberta polo GIMP móstrase nunha ventá. Pode haber varias imaxes abertas ao mesmo tempo: o límite pono os recursos do equipo.
  3. Ventá de capas: Esta ventá de diálogo mostra a estrutura de capas da imaxe activa, e permite manipulala nunha variedade de formas, en particular a opacidade e o modo de fusión das capas. É posible facer algunhas cousas sen o emprego do diálogo de capas, pero mesmo os usuarios ocasionais encontran indispensable ter o diálogo de capas dispoñible todo o tempo. Nesta ventá é interesante engadir unha pestana para o Historial de desfacer.
  4. Brochas, patróns e degradados: O encaixable que se encontra debaixo do diálogo de capas mostra os diálogos para administrar brochas, patróns e degradados.
  5. Navegación: permite moverse pola imaxe e facer zoom ou afastarse.
Ventás de GIMP
Se no teu espazo de traballo non aparece algunha destas ventás hai que ir ao Menú Ventás. Se faltan algunhas opcións dentro das ventás, hai que activalas nas opcións de pestanas:
Pestanas
Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17