Desinstalar programas que non se usan
Normalmente desinstálanse programas no momento que o espazo libre do disco duro está a punto de esgotarse. Hoxe o disco duro ten unha capacidade moi grande, pero aínda así pode afectar ao rendemento do ordenador.
Para desinstalar en Windows hai varias formas. Primeiro é preferible empregar o desinstalador da propia aplicación. Se non a ten , hai que ir a Panel de Control e facer clic en "Agregar ou quitar programas".
Algunhas veces, cando ao desinstalar un programa sae unha mensaxe de erro. Hai varios motivos: baixa calidade do software, o software que está danado, ten un virus,...
Unha mala solución é borrar a carpeta do disco duro onde se garda a aplicación pois pode afectar ao Rexistro.
Nestes casos haberá que empregar un programa especializado. CCleaner é un bo limpador para Windows, que veremos depois veremos e que dispón de máis utilidades.
Osprogramas máis difíciles de desintalar son os antivirus. AppRemover está especializado en desintalar software de seguridade.