TIPOS DE EXERCICIOS PRÁCTICOS (ORIENTACIÓN)
Conditions d'achèvement
- A produción: cálculo da produtividade dun factor, produtividade total, índices de produtividade, taxa de variación da produtividade.
- Cálculo de custos de produción: fixos, variables, totais, medios, marxinais. Representacións gráficas.
- Punto morto: cálculo, interpretación, representación gráfica e decisión entre comprar ou fabricar.
- Xestión de stocks: custos das existencias, cálculo do volume óptimo de pedido (método de Wilson). Fichas de almacén: método do prezo medio ponderado método e método FIFO.
- Selección de investimentos: Prazo de recuperación ou Pay back. Valor actual neto (VAN). A Taxa Interna de Rendibilidade (TIR) (o cálculo do TIR esixirase para un período de tempo non superior a dous anos).
- O balance: estruturación do balance en masas patrimoniais. Equilibrios patrimoniais. Análise económico e financeiro da empresa: cálculo e interpretación do Fondo de manobra, análise (cálculo e interpretación) a través de ratios (proporcionaranse as fórmulas que permiten calcular as ratios).
- Cálculo e interpretación da rendibilidade económica e da rendibilidade financeira, non se facilitarán as fórmulas.
- Conta de Resultados: Clasificación de gastos e ingresos. Resultados de explotación, resultados financeiros, resultados antes e despois de impostos.

Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17