ESTAS SON ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO DA CIUG

Tomando como referencia a información facilitada polos correctores das probascorrespondentes a materia de Economía e Organización de Empresas, o Grupo deTraballo, co obxecto de reparar algunhas das deficiencias observadas máiscomúns e con isto contribuír á mellora dos resultados das citadas probas,considera oportuno realizar as seguintes suxestións a título de recordatorio:

Consideracións xerais de carácter formal: convén recalcar a necesidadede coidar a presentación, a orde e claridade nas respostas, así como anecesidade de empregar con propiedade o vocabulario propio da materia e deevitar os erros ortográficos.

Preguntas curtas: na medida en que as respostas a este tipo depreguntas acostuman ser demasiado extensas, recoméndase realizar un esforzo demaior concreción e precisión.

Pregunta para desenvolver: en virtude da mellora das cualificaciónsobtidas polas respostas a esta pregunta, lémbrase a valoración positiva que seoutorga á elaboración dun esquema-guión no que se resuma o contido da resposta.

Problemas: en xeral, catro aspectos son manifestamente mellorables e polo tanto requiren maior atención:
a) presentación clara e ordenada do exercicio;
b) comentario do apartado correspondente á interpretación dos resultados;
c) corrección nos cálculos aritméticos;
d) expresión dos resultados nas unidades correspondentes.
Nesta senso, como norma xeral, nos criterios de cualificación das PAU o Grupode Traballo acordou descontar o 25% da nota de cada apartado se haierros de cálculo e outro 25% da nota de cada apartado se non se indican asunidades nas que vén expresado o resultado.

Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM