Seguro que sabes whatsappear?
Que é WhatsApp?
É unha aplicación cliente/servidor de mensaxería para enviar e recibir mensaxes mediante Internet de maneira económica, complementando servizos tradicionais de mensaxes curtas ou sistema de mensaxería multimedia. Ademais de aproveitar a mensaxería en modo texto, os usuarios poden crear grupos e enviar entre eles un número ilimitado de imaxes, vídeos e mensaxes de son, etc.
O feito de que sexa unha aplicación cliente/servidor significa que as mensaxes van dun teléfono a un servidor e deste ao móbil do destinatario; non van directamente dun teléfono ao outro, gárdanse nun servidor.
É segura a comunicación?
Desde hai algún tempo, e debido ás moitas críticas que tivo ao respecto, WhatsApp cifra as mensaxes.
O cifrado ou encriptado das comunicacións serve para garantir que o contido das mesmas só é accesible para o emisor e receptor, garantindo así a privacidade.
Whatsapp explica na súa web que ninguén poderá acceder ao contido das comunicacións: "WhatsApp non mantén un rexistro das túas mensaxes nos nosos servidores unha vez que os entregamos. Ademais, o cifrado de extremo a extremo significa que terceiros nin WhatsApp pódenas ler", asegura a compañía, ao que engade que "nin cibercriminais, nin hackers, nin réximes opresivos, nin sequera nós".
O cifrado actívase automaticamente ou actualizar a aplicación.
Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2716247/0/whatsapp-cifrado-mensajes-encriptados/que-es-por-que-importante/que-no-protege/#xtor=AD-15&xts=467263
Pero hai letra pequena. Nos termos e condicións recóllese que "WhatsApp pode reter a información asociada ás mensaxes entregadas con éxito e os números de teléfono móbil que interveñen nas mensaxes, así como calquera outra información que WhatsApp está legalmente obrigado a recoller".
O número de teléfono das persoas que conversan e as horas e datas das mensaxes rexistraranse nos servidores da aplicación, o que significa que estarán a disposición das autoridades e axencias de información no caso de que sexan requiridos para algún caso.
Pero, pode un 'hacker' ver as mensaxes? Claro que si. Un hacker pode infectar un dispositivo cun troyano e acceder ás mensaxes. Whatsapp non pode facer nada contra isto.
Información sobre a conexión
WhatsApp dános información sobre a conexión dos nosos contactos. A información que podemos obter é:
- En liña: o usuario está conectado a internet nese momento e coa aplicación aberta. Este estado non se pode ocultar e, por tanto, é sempre visible.
- Última conexión: dinos a hora na que o usuario accedeu por última vez. Podemos configurar o noso WhatsApp para que os usuarios non poidan ver a nosa hora de última conexión. Esta acción tamén nos imposibilita a posibilidade de ver a información dos outros usuarios.
- Escribindo: o usuario está a escribir unha mensaxe para nós.
Información sobre o estado das mensaxes
Con respecto ao estado das mensaxes, WhatsApp dános diferente información mediante uns ticks á beira das mensaxes.
Estes ticks crearon moita polémica polos malentendidos que provocaron debido ao descoñecemento do seu significado. A tal grao chegou o problema que a propia empresa saíu a desmentir o significado do dobre check. Respecto diso, houbo máis dunha rifa: se o liches e non contestaches, que pasaches de min, etc. E non só en parellas, senón con pais e fillos, empregados, etc.
Problemas dos malos usos do WhatsApp
O uso de WhatsApp, ou calquera outra aplicación similar, expón novos problemas a ter en conta.
O primeiro deles é a adicción. Estar pendente da resposta dunha mensaxe que acaban de enviar ou revisar continuamente a lista de contactos para saber a última hora de conexión ou ver se viron a mensaxe que se enviou anteriormente, son comportamentos moi habituais. E isto pode interferir na atención ás tarefas cotiás e nos momentos de lecer.
Adicción e dependencia van unidas. Antes, os castigos para os adolescentes desobedientes eran prohibir quedar cos amigos ou saír á rúa, agora a maior restrición é quitarlle o móbil para non estar en contacto cos seus 'coñecidos interactivos'.
Contesta con sinceridade: Levas o móbil na man? Contestas o instante de recibir unha mensaxe? Consultas o que recibes en todo momento? Deixas o teu teléfono encima da mesa, ao teu lado? Dormes ao seu carón? Se che dá igual a situación na que che atopes e sempre sacas un oco para contestar con présa, estás a manifestar unha conduta obsesiva.
Necesidade de control. Está ben querer saber do outro, pero hai que ter coidado. É fácil pasar certos límites. Se consultamos as novas mensaxes cada vez que chegan ou cada poucos minutos, as mensaxes xa non facilitarán a comunicación con outras persoas senón que nos limitarán e mesmo nos angustiarán.
O inmediato provoca ansiedade. WhatsApp permite ao destinatario coñecer cando se conectaron os amigos, parella ou familia; ademais describe o seu 'estado' de ánimo de forma inmediata. A inmediatez fai que se desexe contestar no mesmo momento de recibir a mensaxe. Pero, e se a outra persoa non o fai? Deixarache esperando cun estado de axitación, inquietude ou zozobra onde a súa ansiedade supoñerá un gran problema.
Outro risco do inmediato: non se reflexiona. Envíanse mensaxes sen meditar, nun momento de euforia, quizais amparados polo grupo, do que se pode arrepentir.
Isto tamén se aplica ao sexting ou envío de fotos e vídeos comprometidos. O feito de que na actualidade non sexa necesario contar cun computador nin ter que transferir as imaxes captadas con outro dispositivo a outro equipo conectado a Internet, fai que case non haxa espazo para a reflexión. En todo este proceso daba tempo a reflexionar e botarse atrás, algo que non ocorre hoxe en día. Nun par de pulsacións grávase a imaxe ou o vídeo e co mesmo dispositivo cólgase na rede ou, envíase a través de WhatsApp.
Desinterese pola vida real e incapacidade para comunicarse. En xeral, o uso das tecnoloxías pode carrexar desinterese pola realidade.
Moitas veces topámonos cun grupo de persoas que non fala, agacha a súa cabeza e a súa única preocupación é o seu smartphone.
A conexión permanente de WhatsApp e redes sociais pode evadir da vida real, desaproveitando unha boa conversación cara a cara, mirarse aos ollos, un xesto de complicidade, un abrazo sincero ou un bico.
Por outra banda, aparece tamén o problema do acoso, algo xa coñecido en Internet, e que non fai outra cousa que aproveitar esta nova canle de mensaxería instantánea.