Amanda Todd (imaxe de Wikimedia)Amanda Todd, era unha rapaza canadense de 15 anos que foi atopada morta un mes despois de gravar e publicar un vídeo en Youtube "My Story: Struggling, bullying, suicide and self harm" (A miña historia: loita, acoso, suicidio e autolesión) explicando as súas experiencias. Amanda tamén deixo unha presentación feita en Prezi con recomendacións para actuar ente o ciberbullying.

No vídeo, narra a súa historia reflectindo o sufrimento ao que se viu sometida polo acoso, primeiro dun groomer (pederasta) que lle realizou unha captura dos seus peitos á webcam (durante unha sesión de videochat na web BlogTV). Posteriormente sufriu un intento de sextorsión, tal e como conta ela o acosador díxolle "Se non fas un show para min vou enviar as túas tetas (aos teus coñecidos)". Cumpriu a súa ameaza, o que lle provocou unha forte depresión e ataques de pánico. Cambiou de colexio, bebeu e consumiu drogas. Pero o acosador atopouna e volveu a tortura, outra vez as imaxes, a soidade e o desprezo. Volveu cambiar de colexio, confiou nun amigo que lle traizoou e empezou a sufrir bullying e ciberbullying. Recibiu unha malleira e intentou suicidarse. Por mor diso, sufriu un ciberbullying brutal e, xa só quería estar soa e morrer.

Este é o vídeo de Amanda Todd:

Despois de velo vídeo:

Pensa nos motivos polos unha vítima pódese deixar enganar por un groomer.

Analiza cales poden ser as razóns ou motivos polos que se produce unha situación de ciberbullying.

Pensa nas estratexias de prevención ante estes delitos.

Busca posibles solucións: como actuar ante estes casos?


Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17