No proxecto de Webs Dinámicas da Consellería, temos á nosa disposición tres ferramentas sinxelas e en liña. Isto significa que:

  1. Non precisamos ter coñecementos de linguaxes de programación nin da transmisión de arquivos ftp.
  2. Non necesitamos instalar ningún tipo de software para traballar, pero si conexión a Internet.
  3. Podemos traballar dende calquera equipo.

Estas ferramentas son:

  • Drupal que é un Sistema de Xestión de Contidos (CMS). Con Drupal poderemos crear e xestionar os contidos da nosa web.
  • Moodle é un LMS (Sistema de Xestión da Aprendizaxe) co que poderemos deseñar cursos no que chamamos a aula virtual.
  • Coopermine é unha galería de imaxes ordenada en categorías e álbumes.

Tedes máis información sobre estas ferramentas na propia páxina de Webs Dinámicas:

websdinamicas

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM