¿Que é iso de traballar na nube ou Cloud Computing?
Conditions d'achèvement
Moitas aplicacións que antes só podían ser de escritorio (é dicir que tiñan que instalarse nunha computadora) agora podamos usalas en liña, sen necesidade de instalar nada, e podemos ter acceso a elas dende calquera lugar cunha conexión a Internet.
A computación na nube ou informática na nube, do inglés "Cloud computing", é unha expresión que fai referencia aos servizos de computación a través de Internet. A "nube" é unha metáfora de Internet.
É un novo modelo tecnolóxico e de negocios que permite aos usuarios acceder a un amplo e flexible catálogo de servizos.
Non se precisa a instalación de software, só é necasaria unha conexión a Internet.
Neste enlace están definidos os principais termos empregados no cloud computing: WikiCloud
Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17