Buscas de imaxes con Google
Google fai buscas de imaxes e dispón duns
filtros en
FERRAMENTAS DE BUSCA:
- Tamaño: pódese elixir entre grande, mediano e icono ou coas dimensións exactas.
- Cor: busca imaxes dunha cor determinada, branco e negro ou transparente.
- Tipo: só aparecen imaxes que sexan caras, fotos, imaxes prediseñadas, debuxos lineais ou GIF animados.
- Data: busca unha imaxe publicada recentemente ou nunha data concreta.
- Dereitos de uso: obtén imaxes que se poden volver a utilizar ou modificar libremente.
Se non atopas nada que che guste, proba a facer a busca en
inglés.
Tamén podes empregar buscadores
especializados.
Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM