As veces precisaremos un capturador de pantalla, por exemplo para facer un titorial. Un capturador de pantalla fai unha "instantánea" do que se ve no noso escritorio.

Unha forma sinxela é empregar a tecla Impr Pant/ Pet sis do teclado. Así captura o escritorio completo ao portapapeis. Despois o único que hay que facer é abrir un progrma de edición de imágenes (como Paint) e darlle a Pegar. Pódese recortar, editar e gardar nun formato.

Para tomar capturas dunha sección da pantalla precisaremos un software específico:

Podemos descargar un complemento para Mozilla Firefox, Fireshot. Esta extensión pode capturar a pantalla que estás mirando e gardar a captura en formato png/bmp/zip/jpg. Tamén tenemos a opción de engadir sinalizacións e texto. Pódese descargar en: https://addons.mozilla.org/pt-br/firefox/addon/fireshot/

Easy Capture é unha aplicación pequena e gratuíta que pode capturar a ventá activa, unha rexión dela, ou a pantalla completa. Garda en formato BMP, PCX, PNG, JPG e TIFF, e conta con varios efectos para destacar como inverter unha imaxe, saturala, desenfocala ou envellecer e pintar a sepia. Tamén se pode agregar globos de dialogo, frechas, liñas ou elipses, por se queredes destacar ou realzar unha determinada zona da pantalla que capturaches. Pódese descargar en: http://www.xydownload.com/easycapture/

Greenshot é outro programa similar con licenza open source. Pódese escargar en: http://getgreenshot.org/

O editor de imaxes Photoscape, tamén fai captura de pantalla.

Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17