Consellos de uso dos smartphones
Completion requirements
En España hai máis móbiles que habitantes: 55 millóns. A idade media de inicio na telefonía móbil en España é de 12 anos. Un 67% dos mozos ten un móbil e a maioría úsao por primeira vez entre os 10 e 13 anos.
Os teléfonos móbiles intelixentes son unha gran ferramenta: un pequeno aparato dispón de: reloxo, alarma, calendario, cámara, caderno de notas, calculadora, mapas, GPS, Internet,etc. Permiten estar en contacto coa familia, amigos e coñecidos, buscar calquera información en Internet, consultar o tempo, escoitar música, etc.
Pero é fundamental que os adolescentes teñan coñecementos básicos e unhas normas de uso, xa que poden comprometer a súa seguridade e a súa saúde.
Estes son algúns consellos:
- Descarga só as aplicacións necesarias. Antes de descargar calquera aplicación, pregúntate: A necesito?
- Non descargues xogos. Seguro que atopas algo máis interesante que facer que matar porquiños con polos. Bótalle imaxinación.
- Desactiva todas as notificacións das aplicacións. Todos os móbiles permiten facer isto. Deixa só as notificacións de SMS ou de chamadas perdidas. Isto evita distraccións e aforra batería.
- Pertence ao mínimo de grupos de Whatsapp, Telegram ou calquera outra aplicación de mensaxería instantánea. Só ás imprescindibles.
- Non respondas a cada mensaxe de texto no momento que a recibas. Date un tempo para contestar.Se che custa traballo, empeza por fixar dous ou tres momentos ao día para consultar as mensaxes.Cando xa perdas a necesidade de consultar continuamente se tes unha mensaxe nova, non necesitarás horario. Fai o mesmo co correo electrónico.
- Non uses o teléfono móbil cando esteas no medio dunha conversación con outra persoa ou nunha reunión, e menos para contestar unha mensaxe de texto. As túas accións indican o moito que valoras a esas outras persoas, máis que as túas palabras. Se non tes máis remedio (chamada urxente, indicacións para algo inmediato,...) pide desculpas.
- Contesta unha mensaxe de texto cunha chamada telefónica. As mensaxes de texto poden ser moi eficientes; permiten comunicarse con alguén que non está dispoñible nese momento e que poderá ler a mensaxe máis tarde. Pero unha vez que unha conversación de texto chega a máis de 3 textos, perdeuse toda eficacia. A comunicación podería ser máis doada cunha simple chamada telefónica.
- Nas conversacións importantes, chama ou queda en persoa. É imprescindible evitar confusións.
- Apaga o móbil cando esteas a facer algo, e céntrate no que estás a facer. Non te perdas a vida por estar pendente do teléfono móbil.
- Non leves o teu teléfono móbil sempre enriba. Hai momentos na vida que son demasiado importantes para distraerse deles.
Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM
