As nosas ferramentas da web 2.0
Completion requirements
No proxecto de Webs Dinámicas da Consellería, temos á nosa disposición tres ferramentas sinxelas e en liña. Isto significa que:
-
Non precisamos ter coñecementos de linguaxes de programación nin da transmisión de arquivos ftp.
-
Non necesitamos instalar ningún tipo de software para traballar, pero si conexión a Internet.
-
Podemos traballar dende calquera equipo.
Estas ferramentas son:
-
Drupal que é un Sistema de Xestión de Contidos (CMS). Con Drupal poderemos crear e xestionar os contidos da nosa web.
-
Moodle é un LMS (Sistema de Xestión da Aprendizaxe) co que poderemos deseñar cursos no que chamamos a aula virtual.
-
Coopermine é unha galería de imaxes ordenada en categorías e álbumes.
Tedes máis información sobre estas ferramentas na propia páxina de Webs Dinámicas:
Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM
