Nos Estados Unidos, segundo The New York Times, a práctica de trasnochar para seguir conectado coñécese como vamping dende que os propios adolescentes usan nas súas comunicacións nocturnas este hashtag (que alude ás sagas de vampiros) como ao feito de non poder durmir de noite e ao envío de mensaxes dende os portátiles, tablets ou móbiles.
En España, empézase a chamar phonbies aos adolescentes que non deixan os seus teléfonos nin á hora de irse durmir. Varias entidades lanzaron unha campaña, titulada The Phonbies que ridiculiza os efectos de vivir dominado polo móbil. Alí podes facer un test para coñecer o teu nivel de "infección".