A túa información en Internet

Como chega a nosa información a Internet?

  • Empresas, gobernos e outras organizacións recompilan e gardan os nosos datos cando creamos contas de usuario para acceder a servizos online, cando realizamos operacións de comercio electrónico, cando contestamos unha enquisa, cando descargamos software,ou cando simplemente, navegamos por Internet. As empresas utilizan esta información para aforrarnos tempo, axudarnos a completar unha transacción, recordar as nosas preferencias, entregar contido personalizado ou ofertas especiais,...

  • Tamén podes ser ti mesmo o que envíe datos persoais en currículos, Facebook, Instagram ou Twitter, por exemplo.

  • Outras veces son outros os que publican información sobre ti: os teus amigos poden escribir ou publicar imaxes de ti.

Toda esta información conforma a identidade dixital da persoa
Identidade dixital

You have completed 20% of the lesson
20%