Termos sobre a Web 2.0
Web 2.0 é unha forma de entender Internet que, coa axuda de novas
ferramentas e tecnoloxías, promove que a información dependa das persoas que acceden a ela, permitíndo un acceso moito máis doado aos contidos e, ademais a propia participación tanto na clasificación destes contidos como na súa construción, mediante ferramentas cada vez máis doadas e intuitivas de usar.
Características da web 2.0:
- Dinámica
- Participativa
- Colaborativa
- O software é un servizo non un produto: non é necesaria a instalación de software no ordenador.
- A etiqueta (ou tag) como idea clave.
- Sitios doados, usables e áxiles para localizar a información.
Estes son algúns dos termos sobre a web 2.0 que debemos coñecer.
Spécial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | Tout
M |
|---|
MarcadoresVer favoritos. | |
Marcadores sociaisA xente pode facer os seus propios directorios de páxinas Web que poden ser compartidos en liña. Podemos gardar unha páxina ou sitio Web como favorito dentro do navegador do noso ordenador, así non temos a necesidade de aprender o nome de cada sitio Web que visitamos e que nos gusta. Facelo socialmente, refírese a facelo público, capaz de ser compartido e utilizado por outros. Por exemplo, como o demostra o sitio del.icio.us (http://del.icio.us/), que propón unha organización de información baseada na folcsonomía. En inglés se coñece como social bookmarking. | |