Troita

É a raíña dos peixes de Galicia: o peixmáis fermoso de todos, sin dúbida; un peixe que merece tódolos honores e máis, e que temos que conservar a toda costa. Hoxe ten moitos inimigos: os purins de todo tipo, a contaminación, a inexistencia de depuradoras na maioría dos pobos e nas súas industrias, os incendios, as minicentrais, os encoros, os aproveitamentos indebidos de ríos, os que envelenan os ríos, a pesca intensiva, as especies foráneas,  entre outros.

 ¡ Xa está ben !. Un berro a favor das nosas troitas autóctonas  e dos ríos galegos.  Somos uns inconscientes!.

» Nomes de peixes