Ola a tod@s,
O exame do mércores 11 posponse unha semana debido a que estarei de baixa, polo que a NOVA DATA DO EXAME PARCIAL será o MÉRCORES 18 DE NOVEMBRO.
Mañán pola tarde teredes á vosa disposición na aula virtual unha serie de actividades de repaso para facer durante esta semana, non serán obrigatorias pero si que vos axudarán a preparar o exame.
De todas formas o luns 16 faremos un repaso da unidade 1.
Non dubidedes en poñervos en contacto conmigo a través da aula virtual ante calquera dúbida que teñades e perdoade as molestias.
Un saúdo.