Foro de novas

Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 6

29/10/2020

- Corrección dos exercicios 2, 3 da páxina 21 e do que eu ditei na aula, que xa lles enviei tamén ás persoas que faltaron. Todas as tarefas das que informei ata agora a partir do correo da aula virtual, terédesmas que ensinar ao regresar á aula.

- Apuntamentos sobre Orixe e formación da lingua galega que xa están colgados na UD1 da aula virtual. Na segunda páxina tendes que completar un esquema coa información recollida na páxina 20 do libro de texto.

En respuesta a Usuario eliminado

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

de Usuario eliminado -

03/11/2020

- Corrección do esquema sobre Orixe e formación da lingua galega.

- Está colgada unha tarefa que se chama Nocións xerais sobre a literatura medieval. Aparece claramente o que hai que facer e tendes ata o venres 6 ás 23:00 h para entregarma.

En respuesta a Usuario eliminado

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

de Usuario eliminado -

05/11/2020

- Realización do exercicio 4 da páxina 21 do libro de texto. Xunto nun arquivo a solución.

- Explicación da acentuación diacrítica (páxina 44 do libro de texto). Para o próximo día hai que facer os exercicios 2, 3, 4, 5 e 6 da páxina 45.

En respuesta a Usuario eliminado

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

de Usuario eliminado -

19/11/2020

Vídeo de Historias de Galicia e resposta a unhas preguntas sobre o seu contido (hai que telas feitas para o próximo día de clase). Este material está na UD 2.

En respuesta a Usuario eliminado

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

de Usuario eliminado -

26/11/2020

Rematamos a segunda parte do esquema da estrutura interna da palabra, esta corresponderíase coas palabras simples, derivadas, compostas e parasintéticas.

Hai que facer para o próximo día os exercicios 8, 9, 10 (páx. 48) e 12, 16 (páxina 49).

En respuesta a Usuario eliminado

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

de Usuario eliminado -

A pesar de que todos e todas viñestes a clase o último xoves, pareceume apropiado prepararvos un documento sobre as cuestións acerca das cantigas que estivemos tratando na aula (cantiga 1 e 2 da páxina 56 do libro de texto).

Non deixedes de consultalo porque seguramente vos axude para o exame, pois oriéntavos sobre como hai que contestar este tipo de cuestións na proba.

 

En respuesta a Usuario eliminado

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

de Usuario eliminado -

Luns 1 e martes 2 de febreiro:

Explicamos o xénero do substantivo, que se atopa no primeiro documento que está colgado na UD 3 (Análise morfolóxica do substantivo e do adxectivo) e realizamos os seguintes exercicios do libro de texto do 1º trimestre: 9 e 10 (páxina 76) e 11, 12 e 13 (páxina 77).