Foro de novas

Tarefa do día 23-10-20 (alumnado en corentena)

Tarefa do día 23-10-20 (alumnado en corentena)

de José Alfonso Blanco Quintela -
Número de respuestas: 0

Hoxe comezamos cos topónimos da lista oficial do Grupo de traballo de Latín para a ABAU. Lémbrovos que son 50 en total, e que cada trimestre imos ver uns 16 ou 17; así, a cada unha das doce Unidades tócanlles 4 ou 5. Hoxe comezamos polos da Unidade 1, que podedes ver na seguinte presentación (deixo o enlace en pps e en pdf, para que vaiades ó que vos sexa máis cómodo):

Toponimia I (pps)

Toponimia I (pdf)

Tanto para os exames como para os cuestionarios, trátase de sabe dicir o significado de cada topónimo polo que nos pregunten. En canto ó étimo, non é imprescindible, pero se vos acordades del, sempre queda ben poñelo.