1) Mirar o vídeo adxunto, que completa o da tarefa anterior.
2) Comecei a explicar tamén un apartado de teoría que nos vai acompañar todo o curso: o da toponimia. Hoxe comecei por explicar o que se entende por toponimia, e cales son as orixes lingüísticas principais dos topónimos galegos. Todo isto atópase explicado na páxina 29 da vosa libreta, e tamén na presentación Aliqua nomina locorum nostrum, que vimos ata a diapositiva 8. Déixovos aquí os enlaces (un en odt e outro en pdf).