Bo Día Mundial do Medio Ambiente!
Para o martes gustaríame que tiverades feita unha breve presentación sobre o seguinte traballo:
- En primeiro lugar, quería coñecer as vosas preocupacións sobre o medio ambiente. Para introducir a presentación, comezade falando sobre as problématicas actuais e futuras do noso planeta en materia medioambiental.
- A continuación, explicade como as matemáticas poden contribuir na loita pola conservación do medio ambiente. Non copiedes e peguedes a primeira páxina que encontredes, investigade un pouco tendo en conta a fiabilidade da información.
Deixo aquí o link da web de Nacións Unidas:
https://www.un.org/es/observances/environment-day