Bo día a tod@s!
Hoxe toca sesión de manualidades...
Estivemos traballando cos corpos xeométricos chamados poliedros. Onte traballamos co cilindro que é un corpo de revolución,pois hoxe imos con outro corpo de revolución: o cono.
No apartado dos temas, CORPOS XEOMÉTRICOS, ledes as páxinas 13-14. E do pdf "VOLUMES DE CORPOS XEOMÉTRICOS" a páxina 10.
Despois, ides á ficha que colgo aquí para realizar en papel un cilindro e un cono e comprobar a relación entre os seus volumes. Se non tedes impresora na casa ou non queredes usala, non pasa nada, intentade imitar a figura da ficha tendo en conta que ambas figuras teñen a mesma altura e o mesmo raio.
Mañá é o Día do Libro, a proposta vai ser unha lectura que subirei tamén ao foro, así que a actividade de hoxe podedes facela en dous días entre hoxe é mañá coa lectura. Non tedes porque entregala, pero se alguén se anima gustaríame ver os vosos conos e cilindros.
Un saúdo e bo día!