FORO: ACTIVIDADES A REALIZAR POR SESIÓN

Sesión mércores 22/04/2020

Sesión mércores 22/04/2020

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

Bo día a tod@s!

Hoxe toca sesión de manualidades...

Estivemos traballando cos corpos xeométricos chamados poliedros. Onte traballamos co cilindro que é un corpo de revolución,pois hoxe imos con outro corpo de revolución: o cono.

No apartado dos temas,  CORPOS XEOMÉTRICOS, ledes as páxinas 13-14. E do pdf "VOLUMES DE CORPOS XEOMÉTRICOS" a páxina 10.

Despois, ides á ficha que colgo aquí para realizar en papel un cilindro e un cono e comprobar a relación entre os seus volumes. Se non tedes impresora na casa ou non queredes usala, non pasa nada, intentade imitar a figura da ficha tendo en conta que ambas figuras teñen a mesma altura e o mesmo raio.

Mañá é o Día do Libro, a proposta vai ser unha lectura que subirei tamén ao foro, así que a actividade de hoxe podedes facela en dous días entre hoxe é mañá coa lectura. Non tedes porque entregala, pero se alguén se anima gustaríame ver os vosos conos e cilindros.

Un saúdo e bo día!