Foro de novas

Nova Xornada de Formación Abalar

Nova Xornada de Formación Abalar

par Utilisateur supprimé,
Nombre de réponses : 0
Supoño que xa veriades no salón de profesorado que mañan comezaran coa instalación das aulas Abalar, en principio mañán pola tarde debe quedar montada a de 1º ESO B e o Xoves a de 1º ESO A.
Como podedes ver no calendario do PFAC este Xoves tocaba xuntanza, como aínda non estaban as aulas eu pensaba en adiala, pero xa que parece ser que vai quedar montada penso que era ben que se faga.
A orde do día será a aprobación do regulamento de uso dos equipos e funcionamento da aula Abalar ( como se encenden os equipos, a Pizarra, o carro de carga, a pizarra dixital, normas de seguridade etc)

Non me quero despedir sen darvos a boa nova de que vos borrei da subscrición do Foro de norma Abalar, isto é que non ides recibir na vosa caixa de correo as mensaxes que se vaian metendo, para velas e opinar debedes de entrar na aula virtual e ir a ese Foro.
Sen embargo decidin mantervos enganchados a este Foro de Novas, onde si que é interesante que vaiades sabendo que se está cocendo.

Unha última cousa mais, sabedes que Pepe creara un foro para ir recibindo peticións sobre os temas a tratar na sesión de Linux, como poidechedes comprobar, non podiades respostar por estar colgado neste Foro de novas onde só se poden dar avisos sen que poida haber respostas, por tal motivo no tema 6 introducín un novo Foro onde podedes deixar as vosas suxerencias a Pepe. Por certo que un foro non debía de ser unha sucesión de monologos onde un fale do bacallau e outro do polo frito, tratase de que un fale sobre o bacallau se así o desexa pero tamén comente que lle parece o polo frito.
Non sei si me explico, o que se pretende e que tamén vos comentedes uns a outros.

Un saúdo e ata mañán
gado