Foro Protocolo Aulas Abalar

Normas alumnado

Normas alumnado

by Deleted user -
Number of replies: 17
Teremos que reflexionar sobre os seguintes aspectos

Asignase un portatil a cada alumno ou é indistinto?


Protocolo de recollida e gardado dos portatiles

Guia de bo uso dos ordenadores. Que poden facer e que non, que programas poden empregar e cales non? Como se sancionan as faltas?

Coidado dos materiais e sancións por desperfectos? Quen paga o que non cubra o seguro de garantía? Establecese unha norma nova ou rixe os criterios do RRI do centro

Como se garda a información?, Obrigamos a mercar un pen?
In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -
Fanse asinar as normas aos pais e nais?

Que se fai cos insumisos?

Nalgúns centros establecen a priori, unha cota por familia para cubrir desperfectos. É xusto?
In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -
-Non sei se os pais teñen que asinar ou non, pero o que si é certo e que si temos unhas normas terán que aceptalas, igual que o resto das normas do centro.
- En canto os insumisos terán que xustificar a súa insumisión, polo tanto van a darnos algunhas ideas que logo nos poderemos utilizar.
- Coido que non, ou é algo simbólico ou senon algunhas familias non estarian dispostas. Pero, non hai unha partida destinada para arranxar os ordenadores
In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -

- As normas non sei se as teñen que asinar ou non, pero sí deberían coñecelas e facerse cargo dos desperfectos como con calquer outro material do centro.

- En canto a insumisión, supoño que haberá que saber as razóns que alegan e intentar solucionalo da mellor maneira. É como se un alumno se nega a ter clase de matemáticas porque non quere pagar as fotocopias dos cadernos, qué faríamos nese caso?

In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -

O mellor é que cada alumno/a sexa responsable do seu portatil, en caso de desperfectos as medidas son as mesmas que para o resto do material do centro.

Para a recollida, un ou varios responsables pero todos non sería un caos.

Deberánse usar os programas que o profesorado  de cada materia considere oportunos.

Para gardar información, un pen.

Aos pais/naia proporcionaselles a información necesaria e as normas que teñen que aceptar como as do resto do RRI

In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -

Eu penso que aos pais non debemos obloigarlles a asinar, pero no caso de que haxa algún desperfecto terán que asumilo igual que con calquer outro material. 

Tampouco me parece moi xusto que teñan que poñer unha cota.

In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -
Non o creo necesario, pois tampouco se lles pide sinatura algunha para asistir a outro tipo de actividades que se desenrolan no centro, ou cando teñen que utilizar material ou mobiliario do ies.
Non creo que haxa insumisos. Por que ía habelos? De producírense haberá que explicarlles que o ordenador tamén é unha ferramenta de ensino.
Coido abusivo o cobrarlle nada ao alumnado por asistir a clases con ordenador. Outra cousa será a utilización inapropiada ou destructiva (intencionadamente) de algúun elemento informático. Pero para haber sanción, antes debe haber unha falta
In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -

Asignar un portatil a cada alumno permite identificar con máis exactitude ao autor/a dos desperfectos ou malos usos do mesmo e por tanto poder esixir responsabilidades.

Os portátiles non deben ser recollidos por toda a clase senón por un grupo reducido de alumnos/as que irán ás mesas e os levarán ao armario donde os colocará un dos alumnos/as. Deste xeito o resto dos quedan libres para poder desprazarse a outras aulas ou saír ao recreo se fose o caso.

Para as sancións polos desperfectos recurrirase a o RRI,  modificándoo nalgúns aspectos se fose necesario.

A utilización dun pen individual parece a forma máis axeitada. Avisar aos alumnos con tempo para que llo pidan aos Reis Magos.

In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by María José Lago Fiuza -
1- Coido que é mellor que cada un teña o seu.
2- O RRI fai re ferencia aos desperfectos, ten que ser algo xenérico porque podemos non dar co toda a casuística do mal uso. Cando teñamos nas aulas os ordenadores e vexamos o uso cotián seguramente teremos que facer algunha referencia nova.
3- É a mellor solución.
In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -
- Penso que cada alumno ten que ter o seu ordenador co nome pois o mal uso de algún neno non ten porque cargar con el outro.
- En canto a recollida cada alumno encárgase do seu ordenador. Por orden cada alumno, baixo vixiancia do profesorado, vai colocando o seu ordenador no sitio. Si na hora seguinte se vai a utilizar, e para iso terase unha lista con quen o vai utilizar, o profesor da hora anterior terá que esperar que chegue o seguinte para que nos peligren os ordenadores.
- O pen sería obrigatorio penso eu, senon....
In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by María Jesús Abraldes Iglesias -

Un portátil para cada alumno, así será máis doado o control de uso.

Supoño que é mellor nomear encargados para recoller( @ máis "responsable", ou "áxil")

Os programas creo que veñen dados... o sistema xa non vai permitir acceder a todo.

para o tema de faltas, remitiráse ao RRI ( é posible que se teñan que facer modificacións)

Para a información , o mellor é o pen, e seguindo o consello de Alejandro, mellor papá noel que chega antes... ( et c´est plus français)



In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -

- Penso que o mellor é que cada alumno se faga responsable do seu portatil e á hora de recollelos pode haber un encargado por fila e un que os vaia depositando no armario. Ademáis poderíanse ir turnando.

- Os programas e as aplicacións deberían ser as estrictamente necesarias para cada materia.

- En canto os desperfectos supoño que haberá que tomar as mesmas medidas que con calquer outro material do centro.

-Para gardar información penso que o mellor é o pen, non deixa de ser un material de traballo como pode ser unha libreta.

In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -
un portatil a cada un.
individual o protocolo de uso e recollida.
os programas empregados serán os recomendados polo profesor
OS DESPERFECTOS POR MAL USO TERÁ QUE ASUMILOS O ALUMNO.
MERCAR UN PEN PARA GARDAR A INFORMACION


In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Manuela Lago Fiúza -
1. cada alumno debe ser responsable do seu portátil.
2. Poden facerse turnos e encargarlle cada semana a dous ou tres alumnos a recollida.
3. Deberán usar os programas que necesite o profesor para dar a súa clase.
5. deben ter obrigatoriamente o pen e se se esquecen de traelo, sancionarémolo coma cando esquecen o libro ou libreta.
In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -
O alumnado debe facerse responsable do seu portátil, e a súa familia dos desperfectos que o alumno poida ocasionar.
A recollida debería ser organizada con 2 ou tres alumnos/as, pero durante máis tempo que unha semana (e ter previstos suplentes para cando falta algún/ha).
Un pen para gardar a información parece o máis axeitado, tendo prevista a sanción en caso de non traelo.

In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -

Cada alumno ten o seu portatil e el é o responsable da súa recollida. Poderean empregar os programas que autorice o profesor e deben ter un pen para almacenar información, traballos...

con respecto o coidado do material debe ser o mesmo que para calquera outro tipo de material e rixe o RRI do centro

In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -
Coido mellor que cada alumno utilice sempre o mesmo equipo. Así sabe que el é o responsable e tentará protexelo e evitarlle danos ao ordenador.
A entrega e recollida dos ordenadores debe establecerse de antemán. Sería partidario de que cada día un/a alumno/a se responsabilizara desta tarefa.
Os alumnos deben coñecer os riscos que ten un mal uso do ordenador, e tamén os perigos que supoñen os golpes, ou a utilización irresponsable do mesmo. Penso que haberá que advertir de que quen dañe pague os desperfectos, pero logo habería que ser moi flexibles á hora de esixir pagos ás familias, e tamén considerar as circunstancias de cada caso.
Para gardar a información tamén é convinte un pen individual, que coido que non suporía un gasto elevado, si se mercan en conxunto.
In reply to Deleted user

Re: Normas alumnado

by Deleted user -

EStá claro que cada alumn@ debe ter o seu propio ordenador. Desta maneira é máis fácil saber si hai algún desperfecto quen foi o causante.

No caso de desperfectos que non os cubra a garantía será o propio alumn@ o que deba facerse responsable.

Para gardar a información o mellor é que cada un teña o seu pen, ademáis a maioría do alumnado xa ten pen (penso).