Chegou o momento de calcular superficies circulares!
En primeiro lugar, na páxina 14 do pdf da teoría ledes o apartado: Áreas no círculo. Na seguinte páxina (15) tedes unha colección de exercicios resoltos.
E tedes que facer do pdf : 2ESO_A circunferencia e o círculo_para practicar.pdf os exercicios 1,2, 4 e 5. O pdf está arriba á dereita e tamén no material colgado nos temas.
Encantada de recibir as vosas dúbidas por mail.
Que teñades bo día!
Ó rematar podedes ver este vídeo coa intención de sacar un sorriso, unha chirigota dedicado ao número Pi