Este xoves ás 16:30 comezamos o Proxecto de formación Abalar do noso centro. Tendes a vosa disposición neste aula o proxecto enviado coa temporalización prevista. Este xoves deberiamos reflexionar sobre os obxectivos do proxecto,e tomar algunhas decisións sobre a instalación da aula (ubicación da pizarra, armario de carga etc) e tamén ir pensando nas normas de funcionamento da aula. No curso tendes colgados algúns exemplos de normas noutros centros.
Ás 17:30 haberá unha charla na que se explicará o funcionamento do espazo Abalar para profesores, está charla será aberta a todo o profesorado do Instituto e durará aproximadamente hora e media. Ás sete dará comezo unha charla para as familias sobre o mesmo tema.
Víchedes que estes días colocaron as antenas wifi abalar, parece ser que os equipos nolos mandaran a mediados de mes.
Un saúdo
Veño da virxe da barca
da virxe da barca veño
Veño de ABALAR a pedra
de ABALAR pedra veño