Anuncios

Posibilidade de subir nota

Posibilidade de subir nota

by Deleted user -
Number of replies: 0

Todas as persoas que esteades interesadas en subir nota, o luns (antes ou despois do exame de Filosofía, xa concretaremos mañá a hora) poderedes facer un cuestionario (como os que xa fixemos na aula) que subirá até un 1 punto sobre a nota da avaliación. Tentarei darvos as notas do exame de mañá o antes posíbel, xa que o luns pola tarde temos a avaliación.

As condicións son as que seguen:

-O cuestionario constará de 20 preguntas, con resposta múltiple e só unha opción correcta.

-As respostas incorrectas penalizan, dúas respostas mal restan unha ben.

-Só se poderá subir nota se a da avaliación é 4 ou superior

-A duración da proba será de 20 minutos

Valorei a posibilidade dun traballo voluntario a realizar na fin de semana, mais desboteina, non quero corrixir traballos feitos con IA ou polo profesorado de particulares.