Aos de 1º BACH B:
- Teredes que entregar os exercicios de lóxica igual que fixeron os vosos compañeiros de 1º BACH A na anterior avaliación. Fixádevos cales son, xa marquei no documento de cales se trataba. Recoméndovos que vaiades facendo as partes que xa viramos na clase. Actualmente, aínda non chegamos ás táboas de verdade e as deduccións, esperade a que as deamos na clase para facer eses exercicios.
- Para BACH A e BACH B:
Practicade na casa os exercicios. No exame van caer exercicios de formalización, táboas de verdade e deducción. Vou ir subindo os exercicios resoltos na carpeta que tedes na aula virtual. Este tema baséase sobre todo en practicar, a miña recomendación é que o fagades para que sala ben o exame.