Ola, alumnos e alumnas:
Subín hai uns días as preguntas da vindeira proba escrita. Recórdovos que non haberá aínda comentario de texto, pero esta será a última vez en que gozaredes dese privilexio.
Noutro orde de cousas, temos que entregar algunhas actividades:
- 1ºB, aínda temos pendente a entrega do comentario de texto. Dedicamos mañá unha clase para facelo, e logo tedes ata o día 5 para entregalo (a man). Penalizarei calquera plaxio moi severamente, non paga a pena nin intentalo. Se colaborades para facelo, vixiade que a redacción sexa propia.
-1ºA e 1ºB. Habería que entregar uns exercicios de lóxica. Tamén para o día 5. Iremos facendo na clase os que dean tempo, non tedes que facer nada na casa.
Saúdos