CRITERIOS DE RECUPERACIÓN
Dado o carácter continuado e progresivo da materia, non se realizarán probas de recuperación ao longo do curso (agás na segunda avaliación). Cada avaliación nova suporá, a efectos prácticos, unha recuperación da anterior. Unha cualificación negativa no primeiro trimestre poderá ser recuperada cunha nota igual ou superior a 5 no seguinte trimestre, sen necesidade de repetir probas. Para o cálculo final da nota, terase en conta o peso de cada avaliación ( 40% e 60%), sendo un 5 a nota máxima dunha avaliación recuperada mediante o aprobado da seguinte avaliación.
Logo das dúas avaliacións trimestrais, e despois de aplicar a ponderación de 40% + 60% especificada no apartado anterior, o alumnado que non obteña unha cualificación positiva terá unha oportunidade para recuperar a materia realizando unha proba extraordinaria que se conformará das seguintes partes e ponderacións:
Use of English (Vocabulary & Grammar): 20%
Produción escrita (Writing): 40%
Comprensión escrita (Reading): 40%
O alumnado terá que chegar a unha nota mínima de 5 nesta derradeira proba para aprobar a materia de inglés.