Concepto

A sindicación de contidos é a subscrición mediante un agregador de noticias aos contidos dunha web. Posibilita acceder a unha grande cantidade de fontes de información sen recorrer á navegación. É un proceso mediante o que un produtor ou un distribuidor de contidos proporcionan información a un subscritor ou a unha rede de subscritores.

Un exemplo frecuente é o sindicación dos titulares de noticias de última hora dun xornal. Desta forma, os usuarios poden recibir directamente os ditos titulares e, estanse interesados en ver máis información, acceder á páxina web correspondente.

RSS (Really Simple Syndication) é un formato para distribuír contidos. O receptor xa non vai en busca da información, senón que é a información a que vai en busca do receptor.

rss

Xa hai máis dun millón de webs adaptadas a RSS. Distínguense con este icono laranxa que representa unha  sindicación de contidos. É o medio a partir do cal podemos subscribir "sindicar" a páxina web, lugar ou blog que nos interese, para que nos mostre as novidades ou modificacións que se produciron nela.

Non obstante, para poder compartir esta información necesítanse un software determinado, chamado "agregadores", é dicir, programas capaces de ler e interpretar as fontes RSS ou "feeds".

Existe unha grande variedade de lectores RSS, pero todos eles se poden clasificar en tres categorías:

  • Agregadores de escritorio: instálanse no ordenador do usuario.
  • Agregadores en liña: non necesitan de instalación por parte do usuario.  Adoita abondar con darse de alta no sitio do agregador para poder utilizalo.
  • Agregadores como plug-ins: algúns navegadores e xestores de correo como Firefox, Nestcape,  Opera, etc. inclúenos.

Unha vez que o usuario dispón do agregador que elixira, debe seleccionar aqueles feeds ou arquivos RSS que sexan de maior interese para el e realizar a sindicación de contidos.
        
Outro uso do RSS é o de ofrecer información dende o noso sitio Web, pero esta opción require do creador de contidos coñecementos sobre a linguaxe XML.