CONXUNCIÓNS E LOCUCIÓNS CONXUNTIVAS
Conditions d'achèvement
Gramática
Subordinantes: transpositores que habilitan unha oración para realizar algunha función propia de substantivo ou frase nominal:
-coma non pode usarse con valor modal no canto de como:
-ca pode contraer co artigo ou non:
1. Completivas:
2. De lugar:
3. Temporais:
4. Modais:
5. Finais:
6. Causais:
7. Consecutivas:
8. Concesivas:
9. Condicionais:
10. Proporcionais ou correlativas:
11. Comparativas:
NOTAS: que, se
Habilitan oracións con funcións de suxeito, CD, suplemento e tamén de termo dunha frase preposicional: foi certo que o dixo; dille que veña: dille se vai vir; informou de que morrera; contoulle o conto de que ía demitir.
2. De lugar:
onde (non *donde)
3. Temporais:
cando (simultaneidade)
mentres (que), mentres tanto, namentres, entrementres; en canto, en tanto.
sempre que, cada vez que, cando queira que.
desde/dende que, des que: des que llo dixen, non me falou máis.
ata que, deica que: non vou para aló deica que marche.
antes de que / despois de que, logo de que
apenas, así, así como, en canto, aínda ben non, non ben, unha vez (que), a(o) que, nada máis que: ao que (aínda ben non…) llo dixen, fuxiu.

axiña que, tan axiña (como), logo que, tan pronto (como, que), tan logo (que/como), decontado que, deseguida que, enseguida que: axiña que se decataron…
4. Modais:
como, tal (e) como, así como (foi así como cho conto), mal como (mal como puido, deu chegado ao hospital), ben como (sacounos adiante ben como puido)
segundo (non *según, *asegún), conforme, consonte: fíxoo segundo (…) acordaramos.
de forma que, de maneira que, de xeito que, de modo que: acubillouse ao pé da árbore, de xeito que (…) non lle dese o sol.
sen que: entrou sen que o sentisen.
sen que: entrou sen que o sentisen.
5. Finais:
para que, a que: foi onda ela a que llo explicase
porque: foi… porque llo explicase
a fin de que, co gallo de (que): chamou aos fillos co gallo de celebraren o cabodano do pai
porque: foi… porque llo explicase
a fin de que, co gallo de (que): chamou aos fillos co gallo de celebraren o cabodano do pai
6. Causais:
porque, pois, xa que, dado que, posto que: así o aceptaron todos porque (…) era razoable.
visto que, pois que, como queira que: visto que (…) non era seguro, quedaron para outra ocasión.
por causa de que, por cousa de que, por culpa de que, por mor de que, a causa de que, a resultas de que, unha vez que, toda vez que: estaba nervioso por mor de que (…) a cara dos médicos era moi seria.

así que, conque (non *con que), de maneira que, de modo que, de xeito que, de aí que, daquela, entón, logo, por conseguinte, polo tanto, xa que logo, en consecuencia, así pois, por iso, así é que: levaba unha hora agardando, conque collín e marchei; non daba chegado, daquela eu funme; non é positivo, xa que logo eu non o aprobo.
8. Concesivas:
aínda que, inda que (non *anque), aínda cando
a pesar de que (non *a pesares de que), pese a que, malia que, por mais que, mal que: malia que (…) está ben avisado, el segue na súa.
ben que: ben que llo advertira, ela non fixo caso.
mesmo que/se: mesmo que o multen ben multado, el segue estacionando alí.
así: haillo que contar, así morra do disgusto.

se (non *si)
con que, no caso de que, con tal de que, coa condición de que: con que (…) vaias xa cumpres.
a nada que, a pouco que: a pouco que (…) mudes de actitude, conseguiralo.
sendo que, suposto que, supoñendo que
a/de non ser que: agás que, bardante que, excepto que, quitado que, sacado que, salvo que, senón que, a menos que, non sendo que: de non ser que (…) cambies, vaiche seguir pasando o mesmo.

conforme, segundo: segundo cheguen, valos anotando.
a medida que, ao paso que, así como: ao paso (…) que lía, escribía.
1º termo: canto máis, menos, menor, maior, peor, mellor…
2º termo: máis, menos, maior…
a medida que, ao paso que, así como: ao paso (…) que lía, escribía.
1º termo: canto máis, menos, menor, maior, peor, mellor…
2º termo: máis, menos, maior…
canto máis apura, máis se achega
canto peor se poñía el, mellor o pasaba ela.
11. Comparativas:
11.1. De igualdade:
1º termo: tan, tanto
2º termo:
1º termo:
mesmamente, talmente, adverbios que levan coma/como no 2º termo: mesmamente coma seu pai, talmente como pensaba
2º termo:
como, obrigado cos verbos: é tan culto como pensaba.
coma, obrigado ante:
-pronomes: é tan culto cama vós/min…;
-oracións condicionais: bebe cervexa coma se fose auga;
-oracións temporais: corre coma cando era novo;
-relativos: é coma quen non o ten.
coma ou como, con preferencia para coma, no resto dos casos:
é tan culto coma/como Melania,
é tan culto coma/como estes.
1º termo:
igual (nunca leva preposición nin artigo):
*ao igual que o vin eu, viuno ela / igual que o vin eu, viuno ela
o/a mesmo/a
2º termo: que, obrigado ante verbo: fala igual que pensa;
ca, obrigado ante pronomes: fala o mesmo ca ti;
ca ou que, con preferencia para ca, ante o resto: fala igual ca/que Diana, canta igual ca/que os paxaros.
mesmamente, talmente, adverbios que levan coma/como no 2º termo: mesmamente coma seu pai, talmente como pensaba
11.2 De desigualdade:
1º termo:
-superioridade: máis; mellor, maior, meirande
-inferioridade: menos; peor, menor
2º termo: -inferioridade: menos; peor, menor
do que (ante un verbo conxugado): fala máis do que pensaba;
que (ante verbo): é mellor pensar que falar; fala mellor que pensa;
ca (ante pronome): fala mellor ca min, é meirande ca ti;
ca ou que, con preferencia para ca, ante o resto:
fala máis ca/que Henrique,
pensa máis ca/que as veciñas.
-coma non pode usarse con valor modal no canto de como:
viu como o levaban preso / viu *coma o levaban preso
-ca pode contraer co artigo ou non:
fala máis ca a amiga ou fala máis cá amiga,
fala máis ca as amigas ou fala máis cás amigas,
fala máis ca o amigo ou fala máis có amigo,
fala máis ca os amigos ou fala máis cós amigos;
fala máis ca as amigas ou fala máis cás amigas,
fala máis ca o amigo ou fala máis có amigo,
fala máis ca os amigos ou fala máis cós amigos;
pero nunca contraería con preposición ou contracción desta co artigo:
deulle máis ca a Luís, deulle máis *cá Luís (a é preposición)
deulle máis ca á amiga, deulle máis *cá amiga (á é contracción)
deulle máis ca á amiga, deulle máis *cá amiga (á é contracción)