O VERBO
Requisitos de finalización
Gramática
1. Forma: ten as mesmas desinencias que o infinitivo conxugado, de maneira que a súa forma pero nos verbos irregulares leva a raíz de pretérito:
2. Valor: indica unha acción futura non real pero con probabilidade de realizarse:
3. Uso: este tempo verbal está case perdido na fala, tal vez por presión do castelán, pero
- coincide nos verbos regulares: andarmos e andarmos; comeren e comeren;
- é distinta nos irregulares por levar a raíz de pretérito:
infinitivo conxugado: dicirdes, quereren, caberes;
futuro de subxuntivo: dixerdes, quixeren, couberes.
2. Valor: indica unha acción futura non real pero con probabilidade de realizarse:
cando viñeres pola casa, veralo.
3. Uso: este tempo verbal está case perdido na fala, tal vez por presión do castelán, pero
- consérvase en frases feitas e refráns: veña o ben e veña por onde quixer;
- estase a recuperar sobre todo na lingua literaria e en rexistros formais da escrita documental xurídica e administrativa: os que botaren o lixo fóra dos colectores, serán multados.