O VERBO
Requisitos do completado
Gramática
INDICATIVO (modo non marcado, expresa a realidade)
Presente (ando, varro, parto):
1. Tempo presente e aspecto imperfectivo: falamos moito esta tarde.
1. Tempo presente e aspecto imperfectivo: falamos moito esta tarde.
2.1. Presente intemporal ou permanente: o carballo é unha árbore.
Realidades concibidas fóra do tempo, eternas ou de validez ilimitada.
2.2. Presente habitual: temos clase polas mañás.Accións que se repiten con regularidade.
2.3. Presente por futuro (prospectivo): vémonos mañá.Acción futura.
2.4. Presente histórico: Rosalía publica Cantares Gallegos o 17 de maio de 1863.Acción pasada: frecuente en narracións para dar viveza e proximidade psicolóxica.
2.5. Presente imperativo: Ti fas todo o que che manden.
Copretérito ou imperfecto (andaba, varría, partía)
1. Tempo pasado, aspecto imperfectivo: moi ben o pasabamos no verán.
Tamén, valor relativo relacionado con outro tempo: cando cheguei á casa, saía Lula.
2.1. De cortesía: eu quería saber se venden ordenadores.Para preguntar ou pedir algo.
2.2. Narrativo: Unha vez había un home ao que lle medraba a orella dereita.Con certa vaguidade temporal.
Pretérito ou pretérito perfecto (andei, varrín, partín)
1. Tempo pasado en relación ao presente, aspecto perfectivo: chegou onte pola noite.
2.1. Anterior a un momento futuro: cando chegue a noite xa se esqueceu.
2.2. Futuro negativo: o coche que che prometín creo que xa o viches.
2.1. Anterior a un momento futuro: cando chegue a noite xa se esqueceu.
2.2. Futuro negativo: o coche que che prometín creo que xa o viches.
Antepretérito ou pluscuamperfecto (andara, varrera, partira):
1.Acción anterior a outra pasada: cando cheguei á estación xa marchara o tren.
2.1. De cortesía: quixera que me deixase unha cousa.
2.2. Desiderativo: quen me dera esa moto!
Este tempo pode aparecer en contextos idénticos aos do pretérito de subxuntivo (non sabía que estiveras, non sabía que estiveses). Pero a forma en -se non pode aparecer cos valores do antepretérito de indicativo: cando cheguei, xa *marchase o tren.

Pospretérito ou condicional, futuro hipotético (andaría, varrería, partiría)
1. Acción posterior con respecto ao pasado: dixo que despois che faría o encargo.
2. Probabilidade (sen significado temporal): serían moi intelixentes, pero fracasaron.
2. Probabilidade (sen significado temporal): serían moi intelixentes, pero fracasaron.
Futuro (andarei, varrerei, partirei)
1. Acción que se realizará despois do presente: pasadomañá xogaremos un partido.
2.1. De obrigatoriedade: mañá estudarás máis.
2.2. De probabilidade: terá cincuenta anos.
2.1. De obrigatoriedade: mañá estudarás máis.
2.2. De probabilidade: terá cincuenta anos.
SUBXUNTIVO (modo da irrealidade; no terreo do desexo, da posibilidade…)
Presente (ande, varra, parta)
- Tempo presente: dille que vaia hoxe.
- Tempo futuro: quero que fagas todo isto.
- Imperativo: non berres que non son xordo.
Pode indicar pasado, presente ou futuro, dependendo da situación na que se estea a falar: aconselloume que vise aquela película, non creo que chegase aínda.
Futuro (andar, andares…)
Acción non real con probabilidade de realizarse: cando viñeres pola casa, veralo.
(Vid. máis adiante)IMPERATIVO: Expresa ordes, suxerencias, consellos…
Só ten como formas propias as p2 e p5: anda, andade; varre, varrede; parte, partide. Nas outras persoas emprégase o presente de subxuntivo:
responde ao que che preguntan,
que respondan ao que lles preguntan.
que respondan ao que lles preguntan.